xoves, 16 de abril de 2015

Madeiras para distintos usos (e IV)



A madeira nos aparellos labregos

            E queremos acabar esta aproximación ó uso da madeira cos aparellos labregos, sempre baixo a orientación do señor Basilio Varela.
      Para o carro, é recomendable facer as rodas de carballo e o eixo de abeneiro, para a cabezalla mellor pino cernil ou eucalipto, as caínzas de pino, pero tamén se poden facer con varas de salgueiro e o xugo de oliveira era o máis apreciado na era pre-tractor.
     A grade debe facerse de madeira de eucalipto, de pino ou de olmo, pero os dentes han ser de carballo e o temón de pino, mentres que a rabeira é preferible dunha madeira lixeira, tal o abeneiro, loureiro ou salgueiro.
     Para  temón do arado prefírese un pino que nacese dobrado, mentres que para o rabizo é mellor o salgueiro ou o loureiro e para o rostro o salgueiro

Ningún comentario:

Publicar un comentario