Os nós nas embarazadas
E se hai días nefastos, en que non
se pode coller a vasoira, tamén hai labores perigosos, que dependendo de como
se fagan poden atraer o mal á embarazada, tal é cando se cose, cando se zurcen
os calcetíns, se repasa unha basta ou sempre que se use agulla e fío, roca ou
fuso, pois non se poden facer nós, porque daquela o neno corre o perigo de
nacer co cordón umbilical enrolado ó pescozo. Tamén ha de evitar a futura nai
pasar por debaixo dunha corda ou dunha enramada, polo mesma razón.
E é que os
nós xa foron causa do difícil nacemento de Hércules, como temos citado neste
caderno, e volvemos lembrar, cando as moiras se puxeron de pernas e brazos
cruzados diante da casa de Alcmena, impedíndolle parir durante nove días; e por
iso mesmo, tampouco debe ninguén (amigo, parente ou quen sexa) cruzar os dedos
ou as pernas diante dunha embarazada, porque iso retrasará o parto e aumentará
as dores.
E se non doloroso, si desagradable é non cumprir cos antollos
E se non doloroso, si desagradable é non cumprir cos antollos
Ningún comentario:
Publicar un comentario