Os fundadores desta
familia teñen entre outras virtudes a de ser farturentos, porque ser farturento
non é o mesmo ca ser rico, podente ou afortunado, o farturento é o que ten e
reparte, pero non coma quen dá unha esmola, senón comparte cos demais sen medo
a que lle escasee a riqueza, e iso eran os de Ron, unha antiga liñaxe galega
que cada vez que ían sentarse á mesa mandaban que un criado tocase un corno
polas rúas, para que todo aquel que o quixese se sentise invitado e compartise
con eles a fartura, por iso no seu escudo levan un corno, e aínda nalgún unha
lenda que di “comen como os de Ron”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario