Por Pura Tejelo
Ilustración de Lola Fernández |
No nome da mañá, que enche de osíxeno
os ollos alabarados
dos nenos
encoiros dun país de mar.
No nome da árbore, que pervive a
pesares de ti, humano
destrutor.
No nome da flor, belido froito da
magnolia,
arrecendo narcótico
do amor.
No nome dos imnominados, que carecen
de todo
e outros exiben
ostentación.
No nome deste sol, único xuíz, que
ilumina o mundo
de xeito ecuánime.
No nome dos que aman, capaces de
sufrir
o desamor.
No nome dos ríos, de auga de cristal,
nos que aniña o futuro.
No nome do sorriso, amable mencer
que derrite xeos e
dores.
No nome da sombra, que permite que a
luz
debuxe unha contorna
refrescante.
No nome da fonte, na que lavo os
cabelos
e encóntrome, ferida, contigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario