O
enxebre enxoval de carpintería.
Cóntanos o señor Basilio Varela de Loroxo que, como é
sabido, noutro tempo o enxoval tamén se facía coa materia prima que a natureza
pon máis preto de nós, e seguro que aínda moitos lembran as vasoiras feitas de
xesta, que ata usaban no servicio de limpeza dos concellos cando non había cazo
por detrás.
Para facer culleres e
garfos, a mellor madeira era a de hedras, mentres que o pino usábase para facer
caldeiros, cubetas e baldes. Para os cestos de sementar o mellor era a madeira
de pino ou olmo, porque era máis lixeira, mentres que o aro que suxeita as
dolas era de carballo, porque non rompe ó dobrar.
Outros cestos, patelas, e
incluso nasas de pesco facíanse con corres de correeiro, as mesmas que se usan
para atar as vides. O castaño era o máis adecuado para facer os mobles da casa,
pero para a artesa era preferible o olmo, por ser madeira máis lixeira. A sella
é mellor de castaño, e o baño de salgar de pino recén cortado, para que non
pudra.
E como mostra de
conservación da madeira, o señor Basilio móstranos un armario feito a
principios do século XX con madeira que apareceu na mallante, e que a pesar dos
anos nunca colleu couza ou traza, seguramente por mor do moito tempo que estivo
no mar e que a curou contra calquera parasito ou podremia.
E agora imos repasar Os xoguetes de madeira
E agora imos repasar Os xoguetes de madeira
Ningún comentario:
Publicar un comentario