venres, 10 de abril de 2015

Madeiras pàra distintos usos (III)



Os xoguetes de madeira



     E xa para xoguetes a variedade era e é moi grande, dependendo de para que se ía usar, tal o salgueiro para facer asubíoos, as canas para “nunos”, carrizos, carracas e chifres de capador; as gallas de salgueiro, carballo ou castiñeiro son as mellores para un tirafondas, chifres de ameneiro, e os tirabolas ou tiratacos de bieiteiro ou sabugueiro.
     Para a billarda mellor o carballo, que ha de ser madeira dura polos golpes que vai levar. 

       Para patinetes serve o pino, e da mesma bobina de fío da costureira (que antes eran de madeira) facíanse peonelas e carriños, os barcos con cascas de piñeiro, coas canas gaiolas para os grilos, cornetas coa casca do castiñeiro, e seguiríamos por un longo etc, porque se algo non falta é a imaxinación para xogar.
     E non pode faltar nesta relación o tipo de madeira empregado para as distintas partes dos aparellos de uso labrego

Ningún comentario:

Publicar un comentario