luns, 5 de agosto de 2013

Casas con decoración en linteis de fiestras e portas

         

Contrariamente ó que se pensa, as casas da beiramar galega, as casas máis populares, só deixaban a pedra á vista na súa totalidade cando non podían pintala. O normal era que as casas tivesen de pedra á vista só as fiestras, as portas e moitas veces as esquinas, así como o zócalo que podía chegar ó metro de altura, e cando este non era de pedra pintábase nunha cor, xeralmente máis escura ca dos panos mentres que o resto.

As paredes, por ser feitas de cachotes unidos con barro, moi doado de sufrir as inclemencias do tempo, recebábanse e pintábanse con grandes panos de cal ou dalgunha cor viva, sempre, como dixemos procurando que fose máis clara có zócalo..
            Cando a navegación e a emigración aportou remesas de diñeiro que solucionaba pasadas penurias, as casas íanse igualando ás dos profesionais liberais, e facíanse engadindo un novo elemento distintivo: a decoración dos linteis en portas e fiestras.

            Fixámonos hoxe nalgunhas casa da Barbanza arousá, como unha invitación a que o visitante ou morador desta parte de Galicia se fixe na ampla variedade que podemos atopar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario