mércores, 14 de agosto de 2013

O día das Asuncións

        


 Todos os santos son humanos mentres non suban ó ceo, pero, ¿quen sube ó ceo?. Eu só sei de tres que despois de andar na terra, de rir, chorar e convivir co ben e o mal subiron en corpo e alma ó ceo. Temos a aquel profeta Elías que foi recollido por un carro de lume, semellante ó que Helios usaba para transportar o sol, que ó levou polas alturas. Logo tocoulle o mérito a Xesús, fillo de Deus, que houbo de subir a un monte para coller impulso, e finalmente temos á Virxe María, que xa estaba na cama contando as horas cando uns anxos baixaron a recoller o seu corpo e subírono ó ceo; algo que todos os crentes sabían pero que a mesma Igrexa tardou en confirmar, tanto que, tal feito non foi dogma de fe ata que o papa Pío XII non o certificase o primeiro de novembro de 1950. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario