As cubricións de
ghaleses non se usaban nas fachadas, senón tan só naqueles pinches onde o inclemente
sur golpea as casas.
Este é só un exemplo do
uso das cunchas, que tamén servían, as do berberecho e mexillón para cubrir os
enlamados camiños ou como aportador de calcio nas terras de cultivo, así como
improvisadas lanternas ou palmatorias antes de que chegase a luz eléctrica; e
ata como cunca de viño, como lembra o refrán: “Os de Palmeira, beben o viño
polo cunca da aviñeira”. E de feito Palmeira era un gran productor de vieira,
ata o punto de que, posiblemente o seu nome derive, precisamente de “cuncha da
palma”.
Encántame istos usos das cunchas. É moi bonito el efecto no entorno rural marítimo. Ista é unha das cousas que sorprende ó visitante
ResponderEliminar