En Arou, perto de Camariñas, a carón de Camelle, hai un fermoso e pequeno porto pesqueiro que aínda mantén algo de actividade. O pobo fica nas encostas que acaban na beiramar, e alí, adaptada ó terreo, atopamos esta casa que aínda conserva os elementos tradicionais, a pedra traballada en ocos e esquinas, e cachotes nos muros; o corredor, amplo con ese lavadoiro a cuberto, onde outrora se situaba a cañeira, onde os desperdicios da casa se reciclaban para abono.
Ningún comentario:
Publicar un comentario