Todos fomos belicosos na nosa
infancia e adolescencia. ¿Quen non lembra as guerras entre barrios?. E nesas
guerras infantís ninguén era covarde, ninguén se rendía ó inimigo, e o mesmo
inimigo respectaba aquela condición de valente que se lle supoñía ó contrario,
e por iso, cando un xa vencera e tiña ó contrincante agarrado, prostrado no
chan, non lle preguntaba se se rendía, porque sabía que non se rendería,
preguntáballa se pedía papas, porque pedir papas era pedir unha tregua,
reconfortar o ánimo e recuperar forzas co popular alimento para seguir logo na
interminable guerra en que os guerreiros dun e outro bando tanto se respectaban
e acababan sendo amigos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario