Visita ó camposanto e despedida.
Os nosos pasos van agora cara a igrexa vella, un pequeno edificio dunha soa campá, agora coa porta pechada, que fica por encima das casas, como se non cansase de mirar ós veciños; e coma calquera outra igrexa de aldea rodeada polo cemiterio. Aí están as dúas parroquias, a dos vivos e a dos mortos, uns e outro mirando cara o altar. Ambas as dúas xuntas e arroupándose, coidándose. Os vivos pídenlle ós finados que interveñan por eles nas altas instancias do ceo, e os finados saben que permanecen na memoria dos seus. Imos como din que ía a Compaña, despois de visitar a alguén, calados e atentos ó camiño, pero nós sen malas intencións, procurando as claves da vida incluso entre os finados
De todas as maneiras a Compaña, polo que sabemos, tanto aquí como en terra firme, non é mala, só cumpre cun cometido triste, do que todos queremos arredarnos, pero natural, como é o de marcar o límite, chamar a aquel que cumpriu o seu tempo. Peor é o que fan algúns veciños para levarlle a desgracia, inesperada, indesexada e con maligna intención a aquel a quen, por algún motivo, non lle queren ben, tal o de coller un anaco da súa roupa e meterlla na boca a un sapo, de tal maneira que, mentres o sapo non a cuspa, o dono dese trapo sentirase mal.
Ondas
do mar sagrado
tirádeme
o aire de morto
de
vivo ou escomungado.
Un
Padrenuestro e unha Avemaría
As
outras bólas, as postas á esquerda, sécanse na lareira e logo arróxanse ó mar,
como se arroxan todos os males, para que a marea os arrede da xente.
Non
sabemos se había moitas malquerencias nesta illa, que nos anos sesenta non
chegaba a cinco centos habitantes. Unha illa onde a endogamia se manifestou
como unha das súas características e que podemos comprobar no cemiterio, onde
se repiten os apelidos nas distintas tumbas, moitas delas de xente nova, pero
sobre todo, moitos nenos de escasa idade, de meses a maioría, o que nos fala
dunha grande mortalidade infantil que ben pode ter tres vía causais, a
endogamia mesma, a malnutrición debida á carencia de productos, nunha economía
practicamente de subsistencia, e a falta dunha medicina colexiada, que os
nativos suplantaban con remedios tradicionais. E entón volvemos a lembrar as
iconas da igrexa, aqueles santos relacionados co nacemento e a protección da
infancia, de San Ramón Nonato e dos avós de Xesús, así como do seu pai
putativo. Unha vez máis, e tivo que ser aquí, neste camposanto, onde
comprobamos que sabendo ó que se lle reza, saberemos ó que se lle teme.
E
como esta igrexa está pechada, baixamos a despedirnos dos protectores da illa
na igrexa nova, e por costume instalada entre os visitantes, tamén nós lle
deixamos á Virxe, non unha flor, senón unha simple goma de pelo, que ela
acapara entre as mans. E baixamos cara ó peirao, a coller o barco que nos
devolva a terra firme, co caderno cheo de notas e a cabeza envolta e mil e unha
dúbidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario