luns, 19 de agosto de 2013

O da lingua Meliflua


           

     Así se lle chamaba a Bernardo de Claraval, o fundador do Císter e patrón de apicultores e cereiros, o da “Lingua Meliflua”, pola facilidade de palabra que tiña, e de quen se dicía que era alimentado pola mesma Virxe María cun chorriño de leite que lle enviaba do seu propio peito.

            Moitas veces tamén o vemos acompañado dun canciño branco, debido a que antes de nacer, súa nai soñou que levaba no seo un can, e o seu confesor profetizou que sería nai dun poderoso mastín que había de protexer a casa de Deus.

Ningún comentario:

Publicar un comentario