Antes de que Nosa Señora presidise
os festexos do calendario de agosto, nestes días de mediados de mes en que máis
festas por metro cadrado existen, cando xa os labores agrícolas da sega ou da
malla van rematados ou en proceso de rematar, e queda máis tempo para folgar e
dar grazas polos bens recibidos, xa na Roma precristiá se lle ofrecían as
primicias a Ceres, a deusa da agricultura, coas súas espigas portadas tal un
ramo de flores, e asemade en Oriente, dentro dos limites da antiga Siria, facíanlle
festa aAstargatis, unha divindade metade muller e metade peixe, como patroa da
fertilidade. E sen saír de Roma á deusa da natureza, a Diana, a Artemisa grega,
tamén tiña un día para lembrala, aínda que a súa festa grande vai ser máis no
outono.
Supoñemos que deusas da natureza son deusas benfeitoras, a pesar de que a relixión oficial en cada época demonizase ás que pertecen a outras mitoloxías dististas da oficial
Supoñemos que deusas da natureza son deusas benfeitoras, a pesar de que a relixión oficial en cada época demonizase ás que pertecen a outras mitoloxías dististas da oficial
ResponderEliminar