Clara de Asís, despois de ser
convencida polo seu veciño Francisco, fixo votos de pobreza, polos que poucas
ou ningunha vez tería a tentación de tomar algo tan saboroso como uns ovos, xa
fosen fritos, cocidos ou formando parte dalgún dos moitos pasteis e doces que
os inclúen nas súas receitas. Pero as súas seguidoras si.
As monxas clarisas non só teñen
os ovos na súa dieta, senón que os ovos son un dos máis comúns ingredientes nos
pasteis, galletas, bizcoitos e doces que elas elaboran, comen, regalan ou
venden, creando tal demanda do producto, que agradecen as doazóns das devotas e
instaurando un mercado moi curioso.
As mozas cando van casar,
preocupadas por lucir vestido e fermosura, gastan verdadeiras fortunas en
tendas, modistas, perruquerías, maquillaxe e fotógrafos que recollan tanta
marabilla para a posterioridade, e para ilo ofrécenlle a santa Clara ovos co
fin de que non chova. Realmente ofrécenselle as monxas, que a troque dos mesmos
piden pola oferente para que o ceo se manteña enxoito no día do casamento, e
que non desluza tan radiante ocasión. Que non chova, aínda que o refrán di:
Noiva mollada noiva afortunada.
Nisto da fortuna do matrimonio
antes por haches e agora por bes xa ninguén cre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario