domingo, 4 de agosto de 2013

Nosa Señora das Neves en Malpica

                                 


Cóntannos en Malpica de cando un devoto lle quixo erixir un templo á Virxe María, e despois de moito buscar sen convencerse por ningunha localización en concreto, un día 5 de agosto atopou un alto nas aforas do pobo, desde o que se domina o porto, totalmente nevado, e entón soubo que aquel era o lugar escollido para facer a igrexa onde hoxe se venera a Nosa Señora das Neves
            Claro que esta é en esencia a mesma lenda que se conta de cando se erixiu a primeira igrexa con esta advocación en Roma, en tempos do papa Liberio, no século IV, e tamén sabemos que outros templos con esta mesma advocación repiten o mesmo, o que nos lembra que as lendas tamén viaxan e se copian.

            Hoxe en día, esta igrexa que descubrimos por casualidade no pasado día de santo Antonio, só abre ós fieis no 13 de xuño e no 5 de Agosto, segundo nos informa unha veciña do lugar. E sorprendeunos ver que esta é unha Virxe negra, tal vez escollida esa cor para resaltar sobre o branco do vestido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario