E non debía de
queimar moito o lume en que pretenderon asar a san Lourenzo, porque cando xa o
home levaba un bo anaco sobre a grella, chamou a un dos verdugos para pedirlle:
-Vaime dando a
volta, que deste lado xa estou.
En fin, que sen
querer sacarlle mérito a ninguén, a figura máis sobranceira nestes días en que
o lume fai acto de presencia no calendario cristián, é san Lourenzo, o
protector de cociñeiros, bombeiros, vidreiros, libreiros e asadores,
evidentemente, e a el invócase contra o lumbago e contra os incendios; pero
aquí en Galicia tamén se invoca para evitar os males das queimaduras. E
asemade, os nacidos na data da súa festividade, o 10 de agosto, teñen a
facultade de deter o lume; isto é que cando unha persoa se queima o lume ara no
corpo durante nove días, ou sexa que a ferida provocada pola queimadura pode
seguir estendéndose, pero se o nacido neste día sopra sofre a ferida, o lume
detense e o dano non avanza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario