Claro
que daquela era un neno e non medira as consecuencias. E cando chegou á idade
madura, viu unha ninfa e namorouse dela, cousa que ofendeu tanto a Cibeles que
argallou a morte da rapaza sumindo ó pobre gardián do seu templo na máis
profunda desesperación, tanta que, sentindo que a súa vida non tiña sentido, collendo
un coitelo de pedernal castrouse. Mais do seme e sangue vertidos no chan naceron
as primeiras violetas da primavera.
A festividade desta divindade estendíase
entre o 15 e o 27 de marzo, en que comezaba cunha procesión na que os
devotos portaban canas, en conmemoración do encontro do deus, no medio dun canaval
onde se agochara tras a súa emasculación. Seguían as celebracións cunha semana
de xaxún e abstinencia, ó cabo da que se cortaba unha árbore que se levaba ó
templo de Cibeles cuberto con violetas e entoando cantos fúnebres en lembranza
da morte do pastor posteriormente divinizado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario