Por Pepe de Rocaforte
Monumento ós Caídos, de Asorey. Ourense |
Acordábame dunha reproducción a
escala reducida (non chegaba ós dous metros de alto) no cuartel de Atocha dA
Coruña, onde o vira no meu primeiro día de servicio militar, desto hai xa
moitos anos. Quíxeno fotografar e informáronme que
actualmente non existe ningún grupo escultórico no acuartelamento.
Busto de Franco, de Asorey. A Coruña |
As miñas indagacións en varias
institucións militares resultaron nulas de momento, pero no Museo Militar
prometéronme ver se podían localizar o seu destino actual, aínda sen saberen
nin sequera da súa existencia, da que oían falar por primeira vez. Por se me
fallaba a memoria busquei información sobre Asorey e na relación das súas obras
vin: “Monumento a los Caídos, 1940, Cuartel de Atocha, La Coruña”, o que me
serviu para saber que foi esculpido once anos antes do de Ourense.
Tamén, na visita ó Museo Militar,
puiden ver outra peza de Asorey, curiosamente non incluída na relación de
obras súas consultada por min. Trátase dun busto en bronce do xeneral Franco,
de 1938, fundido nos talleres ourensáns de Malingre.
Pescador napolitano”, de Moratilla. Acuario dA Coruña. |
Esa escultura non é de propiedade
municipal, senón do Museo do Prado, que segue a política de esixir a exhibición
en locais cerrados das obras cedidas en depósito, polo cal o concello coruñés
retirouno dos xardíns e, unha vez restaurado, procedeu a instalalo no Acuario
da cidade, onde o puiden fotografar.
Fotografía do “pescador napolitano”. Museo do Prado, Madrid (non exposta ó público) |
Non puiden, en cabio, localizar a
escultura idéntica, vista por min hai tamén moitos anos nun parque dunha cidade
española, do cal non gardo memoria clara. Creía
lembrarme de velo en Málaga, pero alí non atopei
ningunha información ó respecto e cabe a posibilidade de estar eu equivocado.
Con todo, nunha busca por internet localicei un par de cousas curiosas.
Primeira: unha fotografía da escultura de Moratilla, de aprox. 1878,
atribuída a Fratelli d’Alessandri, adquirida en 2006 polo Museo do Prado,
procedente da Colección Madrazo.
“Pescador napolitano”, de Moratilla. Subhastado en Ebay en febreiro de 2014. |
Segunda: Información da subhasta en
Ebay da figura en bronce “Pescador napolitano”, de Moratilla, adxudicada o
13/2/2014 por 14900 euros. A escultura procede dunha localidade do País Vasco,
e é case idéntica á existente nA Coruña. A diferencia principal consiste en que
a estatua coruñesa está espida e a recentemente subhastada viste un calzón
curto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario