Sabemos
que hai moitos osos simbolizando o renacer da natureza, tanto no norte da
península Ibérica como en moitas zonas da Europa central, pero este é o noso
Oso.
Sae
cada ano, o luns de Entroido, pola tarde, como se espertase dunha longa
invernada para anunciar o novo tempo. Sae como un oso de verdade golpeando o
peito, berrando para botar fóra a morriña do inverno, con fame e gañas de
devorar o mundo. Cando o oso esperta esperta a natureza.
Os
paisanos agardan por el nas rúas de Salcedo. Nótase o nerviosismo, porque non
se sabe por onde vai vir, agárdase por esta rúa, pero un movemento raro noutra
esperta a curiosidade e a atención, ata que de súpeto aí se ven vir os
axudantes, os criados, vestidos de saco, roupas feas e feras, ameazando coa súa
única presencia. Veñen mirando de lonxe, co seu caldeiro cheo de borralla en
auga, buscando as víctimas que lle ofrecerán o Oso.
E
detrás dos axudantes vén el, o protagonista, o xefe do clan, o deus da
primavera, o símbolo do renacer dos campos e da vida. Como se espertase dun
longo sono durante o que a terra estivo morta, inerte. A súa aparición é un
grito de alegría “aí vén o Oso”, e unha excitación nerviosa invade a todos os
presentes. Toda a tribo, o clan, toda a parroquia, toda a xente, toda persoa é
unha posíble víctima das súas gadoupas enzoufadas de borralla e cinza, que os
axudantes collen, reducen e lle ofrecen para que sexan unxidos por el, para que teñan
unha longa e próspera andaina o resto do ano. Todos son posibles víctimas,
vellos ou novos, homes ou mulleres. Ninguén quere mancharse, pero as caras
emborrolladas son caras alegres, porque son os rostros que foron benzoados polo
deus da primavera. Todos se resisten, pero a forza da natureza, a forza do Oso
que trae o tempo de sol e días medrados non se detén, e fai que os paisanos
sucumben baixo as súas gadoupas borralleiras.
Quede
claro que o oso de Salcedo non mata, bendice, unxe, sinala coa marca da fartura,
porque a cinza e a auga son o abono máis sinxelo de calquera horta.
Estamos
pois, diante dunha figura totémica, posiblemente moi anterior a cando os
romanos chegaron a Galicia, pero, ¿xa estaba aquí cando eles chegaron ou
trouxérona os Suevos no século V da nosa era?.
E daquí cruzmos cara Chantada, para ver os Volantes
E daquí cruzmos cara Chantada, para ver os Volantes
Moi emocionante o relato sobre o oso de Salcedo. E moi boa a reportaxe fotográfica. Moi interesante toda a serie sobre o Antroido. Un gran traballo.
ResponderEliminar