Vin
un paisano que se arrepuxo ó paso dun Cigarrón, e todos os presentes ó unísono
increparon a aquel que non sabe que o Cigarrón ten dereito de paso e de
presencia.
O
Cigarrón, con claras diferencias co Peliqueiro e o Felo, na súa vestimenta,
tamén se inviste desa autoridade que lle dá ser un sacerdote do ritual en cada
Entroido, un sementador de fartura alí por onde el pasa, nada que ver con esa
lenda de se eran os recadadores do conde de Monterrei que tiñan que disfrazarse
para que non os recoñecesen os paisanos. Só hai que ver os atributos simbólicos
que portan, a pelica, a máscara con mitra onde se representa unha figura
zoomorfa, as cores vivas sobre o branco das medias, pantalóns e camisa, a
combinación de atributos masculinos e femininos, garabata ó pescozo e liga na
perna, que lle outorgan unha representación da unidade de ambos sexos nunha soa
figura, como se nun só ser se puidese representar a dualidade sexual; e as
chocas, imprescindibles, grandes de son forte, para anunciar a súa presencia.
Como
na maioría das figuras tradicionais do Entroido, ata hai poucos anos só podían
vestir estas roupas os homes.
Dexámoslle o paso libre e agora imos acercarnos a Maceda, para que vexades semellanzas e diferencias con estes Cigarróns. Imos ver os Felos de Maceda
Dexámoslle o paso libre e agora imos acercarnos a Maceda, para que vexades semellanzas e diferencias con estes Cigarróns. Imos ver os Felos de Maceda
Ningún comentario:
Publicar un comentario