Foi
un sábado de procura, baixando para encontrarnos nestas abas do Invernadoiro,
na serra da Queixa, onde nos sorprendeu a longa afluencia de xente, de coches
que nun intre invadiron as beirarrúas, e alí aparcamos, curiosos e sorprendidos
de tan repentina afluencia de público.
Mesturados
coa xente encontramos esta singular figura que os paisanos chaman “Mazcara”,
con ese “Z” que pretende identificar e diferenciar á curiosa vestimenta branca
con algún mantón de Manila ou sucedáneo, moitos flocos voandeiros, e nos piramidais
gorros compostos con esas brillantes e coloridas fitas de Nadal recicladas,
flores de plástico e chocas na cintura.
O
primeiro que pensamos é que a reciclaxe tamén chegou a Manzaneda, con esas
fitas que sobraron dos adornos Nadal e agora adornan a cofia ou mitra ou pucho
con que se engalanan, luz e cor sobre a pureza branca da roupa, danza continua,
sen careta, a cara descuberta, danzando sempre, continuamente, diante do folión
que os acompaña repenicando legoñas e golpeando tambores ata sorprendernos o
compasado son.
E desde aquí, seguindo os camiños da fartura, imos cara A Pobra do Brollón, para recibir a benzón do Oso de Salcedo
Ningún comentario:
Publicar un comentario