Resaltan
nos tellados das casas do norte da provincia de Lugo, estes pináculos que
bordean o perímetro das cubertas, tanto en hórreos como en casas ou pombais. A verdade é
que non son exclusivos desta bisbarra do país, pois tamén os atopamos noutras
áreas xeográficas, como elementos de protección, pero aquí teñen unha
disposición peculiar que os fai únicos.
Pola
posición, está claro que estes elementos axudan a manter seguras as lousas para
que non as leve o vento, pero asemade, e tendo en conta que para tal función
bastaba con que lle botasen un pouco de masa (de cemento ou de barro) ou que
puxesen unha simple pedra, a figura de pináculo piramidal obríganos a miralo
tamén deste unha perspectiva animista. Esa preocupación pola forma estética do
elemento lévanos a lembrar a semellanza cos pináculos dos hórreos, colocados a
modo de símbolo apotropaico contra o mal de ollo, protector do que baixo el se
acubilla e asemade unha invocación á multiplicación da semente, que ben pode
ser a representación esquemática dunha divindade.
Tamén hai pináculos con rostros humanos.
Tamén hai pináculos con rostros humanos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario