En
certa ocasión a ninfa Lotis ficou durmida no medio do bosque, nun lugar polo
que cadrou a pasar Priapo, ese deus de beleza pouco agraciada e de falo sempre
erecto, quen ó vela quixo aproveitar a ocasión de probar os praceres que a súa
fealdade lle negaba, pero cando se dispoñía a deitar sobre a rapaza, apareceu
por alí Sileno co seu burro, e este, o burro, ó ver aquel falo descomunal orneou
asustado e espertou á ninfa, quen ante o grotesco espectáculo botouse a rir, e
iso ofendeu tanto ó deus, que só se sentía satisfeito cando sacrificaban un
burro no seu honor.
Priapo
era outra das divindades agrícolas que adoraban os gregos e que adoptaron os
romanos co nome de Matunus, aínda que a súa orixe hai que rastreala en Asía
Menor. En Roma era unha divindade que tiña moitos devotos entre pastores e
campesiños, pois ademais de propiciar a fecundidade do gando espantaba ós
paxaros das leiras e ós ladróns de froitos.
Dicíase
que era un deus feo ata o grotesco, polo que se representaba cun simple pao
tallado a machada, no medio do cal se incrustaba unha estaca pintada de
vermello para simbolizar o seu falo erecto; e en datas próximas ó equinoccio de
primavera, arredor do 17 de marzo, era paseado nun carro con esa caricaturesca
e esquemática forma que indicamos, ata a praza do foro, con grande devoción
entre as matronas romanas, que o adornaban con flores e o asociaban á
fertilidade, non só dos campos e animais senón tamén dos matrimonios, polo que
a noite de vodas presidía o leito conxugal.
Logo,
pequenas representacións deste deus, coa forma dunha estaca eran colocadas nos
campos como remedio protector e fecundador dos mesmos, sen dúbida, un anticipo
do que veñen sendo os actuais espantallos.
Mais o falo como tal, como figura real, pasou a ter o seu propio significado como tal falo en Roma e no románico
Mais o falo como tal, como figura real, pasou a ter o seu propio significado como tal falo en Roma e no románico
Ningún comentario:
Publicar un comentario