por Pura Tejelo
Viñera dun lugar
de resonancias xermánicas,
a súa
independencia arrincaba
das estreitas
cadeiras até a gorxa conmovida e cálida,
estalando no inesperado pelo louro
con reflexos de
centeo e landras,
de pan antigo.
Unha noite de
San Xoán ,
danzou
coa música dun
violín áspero, un sopro pimitivo e flambeante,
a escueta
camiseta vestía a penumbra dun fléxo escénico.
Posuída,
volteou, deu saltos,
ao remate,
quedou tumbada . Exhausta. Remol de brasa.
O violín seguíu
un tempo soando, intimidándome como o roce
dos élitros dun
grilo arrebatado.
Aínda o sinto
os días de frío que anuncian neve
como se baixase
do Rhin un xélido manto de aves
emigrando en harpa
e outro roce de
patas de aramio e máxico rabuñase o
vento.
Xuntas
percorrimos anos xuvenís a contravento e bandeira
buscando un mundo sen cárceres, intermediarios e
ataduras.
Un día atopeina
apoiada no portal, levemente alada.
-Hilda, que fas
co teu aparato de música ?.
Gardeino.
No faio da miña
casa late, en remol, entre outros
enseres
cunha cinta de
Allan Stivel e música chilena,
bailando un
soño de humidade e anarquía.
Souben dela
moitos anos despois
marchara a
México buscanso a lonxanía
extrema das aves libres.
Tiña no seu perfil de cóndor
incisivo e de
batalla
un festín de cándidos marmelos.
Voici venus les temps de délivrance
ResponderEliminarloin de nous toute idée de vengeance...
Fantástico eses versos dunha canción de Allan Stivel. Sempre hai seres solidarios que "asustan" porque son inconformistas,
Eliminarteñen a patria eló onde sexan necesarios. Cando coinciden contigo nalgún momemto, son un lampo de luz que deixa pegada na memoria,