Cunha divindade de tan marcado atributo, é lóxico que o tal pasase con forma máis explícita a ocupar lugares de protección, e por iso os romanos non dubidaban en colocar nas portas das súas casas un falo protector, xa de barro ou de metais nobres, do mesmo modo que ata non hai tantos anos era normal ver nas portas das nosas casas aquelas imaxes do Corazón de Xesús coa lenda de “Deus bendiga esta casa”, ou levábanse colgados ó pescozo, como se fose a medalla dalgún santo, con intencións protectoras contra o mal de ollo.
E
dos romanos pasaron os falos a ser representados no románico, como na sobrexamba dereita desta igrexa
de san Miguel de Eiré ou nalgún canzorro, aínda que aquí, esas imaxes, máis ca
símbolo apotropaico eran advertencias contra o pecado da luxuria nas súas
múltiples variedades e sobre os que nalgunha ocasión nos pararemos con máis
detalle. Agora toca falar da simboloxía fálica como amuleto protector. E como tal tamén nos toca preguntarnos se
tería algo que ver isto coa vara florida de san Xosé, festividade que a Igrexa
celebra precisamente nas portas do equinoccio de primavera, como se celebraba a
Priapo.
E estes elementos acaban tomando forma doutros que nos lembran o poder económico, tales aqueles onde toman forma de pináculos con forma de campanario
E estes elementos acaban tomando forma doutros que nos lembran o poder económico, tales aqueles onde toman forma de pináculos con forma de campanario
Ningún comentario:
Publicar un comentario