Sabido é que os cornos como os dentes son
desde antigo os trofeos con que os cazadores se engalanan, tanto na súa persoa
como no salón da casa. Unha boa cornamenta pendurada na parede á vista de todos
é unha mostra de poder contra o animal cazado, e isto non é moi distinto do que
en sociedades primitivas facían e fan cando colgan os dentes da fera ó pescozo
ou se coroan coa cornamenta dun cervo. Non en van as primitivas coroas gardan a
lembranza de simbólicos cornos nas puntas con que se adornan.
Por
outra banda, a forma fusiforme do corno, tamén se asocia á masculinidade
implicando a forza e o poder, e polo tanto asociado como símbolo de
prosperidade e como elemento apotropaico contra as forzas malignas, por iso o
corno aparece engalanando moitas propiedades como remedio preventivo conta o
mal. Pero asemade, os dentes de xabaril, ou os cornos de vacaloura,
E
con esa forma que nos lembra ós cornos da vacaloura son as figuras gravadas nos
hórreos da illa de Ons, evidentemente con ese propósito profiláctico de que
vimos falando.



Ningún comentario:
Publicar un comentario