Antes de que os paisanos soubesen que aquelas pedras
que aparecían nas mámoas e nos castros, pulidas con forma de machada unhas e
outras lascadas con tal forma foron algunha vez ferramentas de traballo en
épocas do neolítico, eran recollidas para poñer encima das casas co fin de que
estas apartasen os raios da facenda.
O
uso das ceraunias ou Pedras do raio (interpretadas como
pedras de orixe divino) foron usadas con tal función protectora en moitas
culturas de todos os tempos, e do seu emprego como tales temos referencias en
autores como Isidoro de Sevilla e Plinio o Vello. En Europa foi común o seu uso
ata ben avanzado o século XVIII, e menos común pero como protector na montaña
galega ata non hai máis de corenta ou cincuenta anos.
Que
alguén, ademais, pensase que eran a representación dunha divindade protectora
non é raro, teñamos en conta que a deusa Cibeles, divindade da fertilidade,
representábase por medio dunha pedra negra que se custodiaba no seu templo. Que
os paisanos que poñían as ceraunias
pasasen logo a poñer caras, entra dentro de toda lóxica. Nós vimos na illa de
Madeira, colonizada a partir do século XV, rostros de persoa e pombas feitos en
cerámica colocados nas catro esquinas do tellado que, segundo os paisanos,
simbolizaban o rostro de Cristo ou o Espírito Santo, aí colocados para protexer
a vivenda. Así pois, que logo, os paisanos, cando non había tales pedras
megalíticas puxese a representación dalgún deus ou deusa, xa con rostro (a
imaxe e semellanza de quen o creou) ou xa con forma dalgún atributo que o
identificase, tampouco tiña porque ser raro.
Fáltanos
saber se estes elementos eran colocados contra os raios en exclusividade ou
cumprían unha función de protección máis ampla, contra o mal de ollo.
E así como hai figuras tamén pode haber nos pináculos unha simboloxía xeométrica
E así como hai figuras tamén pode haber nos pináculos unha simboloxía xeométrica
Ningún comentario:
Publicar un comentario