E
como invocación á vida e ó medre do froito, non podían faltar os pináculos
con forma de froita, tales as espigas que xa temos amosado neste caderno baixo o epígrafe de Un pináculo nun hórreo de Rianxo, ou aqueles que amosan ás claras unha flor, e incluso,
por conxunción entre pináculo con forma fálica e a flor, o que podemos
interpretar como o estilo dunha flor. Á fin estase amosando o elemento de onde
vai saír o froito.
E tal vez unha das primeiras figuras que tomou a forma dunha vara vertical ou dun pináculo para invocar a prosperidade, fose a figura do deus da fertilidade Priapo, o do falo erecto.
E tal vez unha das primeiras figuras que tomou a forma dunha vara vertical ou dun pináculo para invocar a prosperidade, fose a figura do deus da fertilidade Priapo, o do falo erecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario