Por Pepe de
Rocaforte
Anúnciase
a primavera e nos parques e xardíns urbanos cantan os melros e outros variados
paxariños. Polas cidades do mundo
adiante os músicos de rúa interpretan as súas cancións.
-1 – En Moscú, diante da Galería Tretyakov, uns mozos
interpretan cancións americanas de rock.
-2- En Erice, ó noroeste de Sicilia, un acordeonista
interpreta música folclórica acompañado de vez en cando polo rinchar do seu
cabalo.
-3- Unha parella que podería ser arrincada de
calquera estampa das nosas feiras de aínda non hai tantos anos fai un dúo de
acordeón – guitarra nas rúas de Catania.
-4- En Santiago tres mozas que poderíamos considerar
estudiantes do Conservatorio interpretan música clásica na rúa do Vilar.
Anúnciase
a primavera, xa digo. ¿Chegará tamén á Coruña a anunciada prohibición de
músicos polas rúas da cidade. E de ser así ¿prohibirá tamén o concello o canto
dos paxaros en parques e xardíns urbanos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario