martes, 25 de marzo de 2014

A Anunciación.

                        
           
Durante os primeiros anos do cristianismo, a data do 25 de Marzo estaba asociada ó día en que naceu Cristo, pois tamén os romanos celebraban nesta data o día do nacemento de Rómulo e Remo, coincidente co equinoccio antes da reforma do calendario.
            O cristianismo, fixo cálculos e saíronlle mellores contas se este día era aquel no que a Virxe foi fecundada por obra e gracia de Espirito Santo, e ós nove meses xustos daría á luz.

            Pero é aquí que queremos traer a este caderno aquilo que dixo san Martiño de Dumio no seu famoso sermón “De correctione rusticorum”, quen despois de facer os seus cálculos anunciou que o tal día do 25 de marzo era a data na que Deus creou o mundo, pois sendo Deus tan equilibrado en todo, ó separar as tebras da luz, non podía facer unha parte máis grande que a outra. E por iso mesmo di o bispo dumiense, que no día oitavo antes das calendas de abril (ou sexa, o 25 de marzo) tamén debería ser o comezo do ano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario