Os
boteiros botan, evidentemente, ou sexa, que saltan sobre as súas pértigas ou
moncas trenzadas. Saltan procurando unha aproximación ó ceo, coma árbores vivas
que suben día a día. Andan brincando e lucindo as vivas cores do seu traxe, os
fruncidos pregues que forman fermosas rosáceas e figuras xeométricas. As
máscaras adornados cunha mitra cadrada, xeralmente con algún símbolo astral,
amosan unha cara branca, con algo de barba simulada por uns flocos. Todos eles
son flores, primaverais luces que percorren as rúas de Vilariño que brincan sen
orden, expontaneamente diante dunha ruidosa comitiva, ou acompañados do son dos
tambores, abríndolle paso ós Folións.
Ninguén
ousa interromper o paso dos Boteiros. Eles teñen sempre preferencia e arrasan
con quen se poña diante.
E agora cruzamos para Viana do Bolo, para disfrutar dos Boteiros de Viana do Bolo
E agora cruzamos para Viana do Bolo, para disfrutar dos Boteiros de Viana do Bolo
Ningún comentario:
Publicar un comentario