Sabemos
que hai moitos osos simbolizando o renacer da natureza, tanto no norte da
península Ibérica como en moitas zonas da Europa central, pero este é o noso
Oso.
Sae
cada ano, o luns de Entroido, pola tarde, como se espertase dunha longa
invernada para anunciar o novo tempo. Sae como un oso de verdade golpeando o
peito, berrando para botar fóra a morriña do inverno, con fame e gañas de
devorar o mundo. Cando o oso esperta esperta a natureza.
Os
paisanos agardan por el nas rúas de Salcedo. Nótase o nerviosismo, porque non
se sabe por onde vai vir, agárdase por esta rúa, pero un movemento raro noutra
esperta a curiosidade e a atención, ata que de súpeto aí se ven vir os
axudantes, os criados, vestidos de saco, roupas feas e feras, ameazando coa súa
única presencia. Veñen mirando de lonxe, co seu caldeiro cheo de borralla en
auga, buscando as víctimas que lle ofrecerán o Oso.

Quede
claro que o oso de Salcedo non mata, bendice, unxe, sinala coa marca da fartura,
porque a cinza e a auga son o abono máis sinxelo de calquera horta.
Estamos
pois, diante dunha figura totémica, posiblemente moi anterior a cando os
romanos chegaron a Galicia, pero, ¿xa estaba aquí cando eles chegaron ou
trouxérona os Suevos no século V da nosa era?.
E daquí cruzmos cara Chantada, para ver os Volantes
E daquí cruzmos cara Chantada, para ver os Volantes
Moi emocionante o relato sobre o oso de Salcedo. E moi boa a reportaxe fotográfica. Moi interesante toda a serie sobre o Antroido. Un gran traballo.
ResponderEliminar