![]() |
Exvotos gregos |
domingo, 30 de marzo de 2014
venres, 28 de marzo de 2014
A festa en honor de Atis
Claro
que daquela era un neno e non medira as consecuencias. E cando chegou á idade
madura, viu unha ninfa e namorouse dela, cousa que ofendeu tanto a Cibeles que
argallou a morte da rapaza sumindo ó pobre gardián do seu templo na máis
profunda desesperación, tanta que, sentindo que a súa vida non tiña sentido, collendo
un coitelo de pedernal castrouse. Mais do seme e sangue vertidos no chan naceron
as primeiras violetas da primavera.
A festividade desta divindade estendíase
entre o 15 e o 27 de marzo, en que comezaba cunha procesión na que os
devotos portaban canas, en conmemoración do encontro do deus, no medio dun canaval
onde se agochara tras a súa emasculación. Seguían as celebracións cunha semana
de xaxún e abstinencia, ó cabo da que se cortaba unha árbore que se levaba ó
templo de Cibeles cuberto con violetas e entoando cantos fúnebres en lembranza
da morte do pastor posteriormente divinizado.

mércores, 26 de marzo de 2014
JOSÉ MANUEL PORTELA
Por Pepe de Rocaforte
![]() |
O grupo MANTRA en 1978 |
Este músico, sen saber nada del, xa
me viña chamando a atención desde hai uns anos,
cando tocaba na rúa Real á altura da sub-delegación do goberno, de onde houbo
de marchar, seica pola denuncia dunha veciña a quen lle molestaba o ruído, para
recalar na rúa dos Olmos, case na esquina coa rúa Nova.
José Manuel Portela na actualidade |
Agora, de novo unha observación de
Francisco Vidal alertoume para buscar máis información sobre el. Así
sóubenlle o nome e coñecín algo da súa traxectoria desde que en 1978 entrou a
formar parte como teclista no grupo “Mantra”, en Puerto Real (Cádiz).
Despois de gravar unha maqueta cun rock progresivo na liña de “Smash”, “Triana” e outros grupos de rock andaluz,
desprazáronse a Madrid. Alí non acadaron o éxito desexado e o grupo
desapareceu. Algún dos seus compoñentes triunfarían posteriormente en
solitario, como o guitarrista Tito Alcedo, concertista de jazz non só
por España senón por varios países de Europa.
José Manuel Portela, pola súa parte,
tocou nun tablao flamenco de Madrid, actuou en televisión no programa “Fuera
de lugar”, acompañou a Aute e a Rosendo durante dous ou tres anos, interviría
na musica dalgunha película e, pouco a pouco, iniciou a costa abaixo.
![]() |
Grupo MANTRA en Madrid en 1979 |
José Manuel Portela na Rúa dos Olmos (A Coruña) |
Na peza “Arco
Iris” cantaba José Manuel: Grita. Demuéstrale a la gente / que tú eres capaz. / Pasa
de mil contradicciones / que te
agobiarán... Non sei se agora, mentres toca na rúa dos Olmos, onde
a peza que máis lle piden é “El hombre del piano” (“vuelve a tocar, viejo
perdedor...”) como un resumo da súa vida, lle volverá á cabeza aquela
canción que interpretaba co grupo “Mantra”, alá a fins dos anos setenta, no seu
Cádiz natal.
Nin tampouco sei se agora, cando
chega o tempo sinalado pola corporación municipal encabezada polo señor Negrera
para eliminar o ruído de músicos ambulantes das rúas dA Coruña, poderemos
seguir oíndo as súas interpretacións en directo.
En todo caso, para quen queira oír unha mostra do seu virtuosismo como teclista,
recoméndolle pinchar aquí:
De nada.
martes, 25 de marzo de 2014
HOME E CAN PASEAN POLAS RÚAS DE OUTONO
Por Pura Tejelo
Vai debullando pensamentos enlazados
na cuadrícula veciñal da beirarrúa,
guións inacabados que rematan en suspiros
monólogos repousados da vida.
Seis pasos acompasados
de solitaria soidade,
remanso de penas.
O setter amainado
abeira desde hai anos o matinar
cano e aínda baril
do seu corpo desamado.
Ás veces ergue a vista,
mira feliz un coñecido
departe con el
cesto de froitos,
amorodos maduros e doces
e no érbedo frondoso
do seu corazón perenne
nace unha flor de outono.
Ten mirada infantil no iris grisallo,
antes azul ingrávido,
cando era anxo, no mes de maio
de versos e plumas de rima e son.
cando a nai bicaba aqueles ollos
espello dos seus, tan mariños
como a vila nórdica abandonada
baixo unha rede que pescaba caracois
de entrañas rosas
que enfeitizaba os contos urbanos
do seu neno azul.
Agora el mira as pupilas
do seu lebreiro leal,
que tamén soubo de páramos dilatados.
Ambos percorren rúas de xadrez
á espera da nova imaxe familiar
na que verquer amorodos de érbedos borrachos de sol
A Anunciación.
O
cristianismo, fixo cálculos e saíronlle mellores contas se este día era aquel
no que a Virxe foi fecundada por obra e gracia de Espirito Santo, e ós nove
meses xustos daría á luz.
Pero
é aquí que queremos traer a este caderno aquilo que dixo san Martiño de Dumio
no seu famoso sermón “De correctione rusticorum”, quen despois de facer os seus
cálculos anunciou que o tal día do 25 de marzo era a data na que Deus creou o
mundo, pois sendo Deus tan equilibrado en todo, ó separar as tebras da luz, non
podía facer unha parte máis grande que a outra. E por iso mesmo di o bispo
dumiense, que no día oitavo antes das calendas de abril (ou sexa, o 25 de
marzo) tamén debería ser o comezo do ano.
UM APELIDO. UM NOME.
Por
UM-DO-CHAO.
VALES E
SERRAS.
O apelido.
![]() |
Vasco Núñez de BALBOA |
Assi: Val para Valle, Serra para
Sierra, Da Pena para De la Peña, Do Rio para Del Río, Do Campo para Del Campo,
etc., etc. (todos estes referidos a nomes geográficos que dam em topónimos).
Conhecemos um único caso acontecido
no século XVIII cum apelido Da Serra, da comarca viveirense (concretamente do
actual concelho de Ourol) que, trasplantado às Américas, se véu trocado em De
la Sierra e, finalmente, em Sierra a secas. Esse Serra aínda existe hoje,
embora nom muito abundante.
Pois algo similar acontecéu co
apelido Do Vale, de Bares… que inda que nom esté suficientemente divulgado, véu
dar no Del Valle de Valle-Inclán, aparentemente castelhano (e maismente astur),
sendo o tataravô de D. Ramón quem, ali nascido Pablos do Vale, passou a ser em
Arousa Pablo del Valle (el e sua mulher pais do ilustrado abate don Francisco
del Valle Inclán, criador do famoso Catón
Compostelano).
Essa mesma versom Valle pode,
contodo, ser simplesmente a escrita antiga da palavra Vale (ao jeito de
Villar/Vilar) e assi se conserva no apelido galego-leonês Ovalle, val dizer, Do
Valle/Ovalle (Do Vale).
![]() |
Alonso de OVALLE |
Tratando de sistematizar, vede-aí as
seguintes séries, partindo da base Val.
Val¬Valín
(dim. galego oriental)¬Valiño/Baliño (Valinho, coa dúvida de que Valinho seja
dim. de Valo/Valado). E os femininos: Abal (Da Val)¬Valiña/Valiñas/Baliñas
(Valinhas), lembrando que Val e Cal –español Calle- som, forom, entre outros,
vocábulos ambivalentes ou bisexuais.
E tamém: Vale/Vales, Doval/Dovale (Do Val/Do Vale). Assi como os compostos
Valdesuso, Valmaior, Valcarce (Balcarce na Argentina) ou Valboa (vede-aí
novamente o feminino), universalizado como Balboa… coincidindo, curiosamente,
co tamém malescrito espanhol Balbuena!
![]() |
Padre Sarmiento |
Coas correspondências: Valle/Lavalle
e os dim. Vallejo/Lavalleja (espanhol), Vall/Valls (catalám), Valli (italiano),
Duval (Du Val, francês, tam semelhante ao nosso Doval!), mesmo o Arana euskera…
e mais o alemám Thal/Tal (em compostos como Neanderthal, ou com derivados como thaler, dando origem ao dollar anglo).
As personagens.
1) Vasco
Núñez de BALBOA (1475-1519), pacense, seique de estirpe galega, descobrindo o Mar del Sur (depois Oceano
Pacífico), e dando nome à moeda nacional de Panamá.
2) Alonso de OVALLE ((1603-1651), chileno,
jesuita, cronista do seu país.
3) Pedro
García BALBOA (1695-1772), berciano, tamém de pais galegos, o nosso célebre
polígrafo Padre Sarmiento.
domingo, 23 de marzo de 2014
venres, 21 de marzo de 2014
O galo e o raposo
Son
como o día e a noite, antagónicos pero inseparables.
Nas
fábulas e nos contos, o galo e o raposo son a cara e a cruz, o bo e o malo, a
franqueza e a mesquindade; son os eternos e máis tenros contrincantes, son o
frío e a calor eternamente mesturados, o inverno e o verán perseguíndose e
fuxíndose, sempre un detrás do outro complementándose. O primeiro,
caracteristicamente exaltado, luminoso, barulleiro; coa súa colorida plumaxe
resplandecendo baixo o sol, é o primeiro que saúda ó amencer e tamén o primeiro
que se agocha tras o ocaso, pero permanece sempre alerta, sempre en constante
vixilancia. El representa a elegancia, a franqueza, a fecundidade e a lealdade.
Pola contra, o raposo sae coas estrelas, camiña sempre ás agochadas, dando mil
voltas, artellando mil trampas e traizóns para volver ó seu tobo cando o día
reluce; é sixiloso, calado, atento e frío como a noite. El é a astucia
traidora, é quen rouba o galiñeiro e pode traer a ruína; el fai que a súa
presencia se converta en medo e odio; nel a precaución vólvese maliciosa
picardía, faise o morto cando o descobren, e ó menor descoido papa o que
encontra.
Cada
un representa unhas peculiaridades diferentes que os enfronta e une a un tempo,
para ser, os máis entrañables inimigos que hai sobre a terra. O galo é a
precaución sen maldade, mentres que o raposo é a astucia suíña. E así, quen
deseñou este cataventos, xuntou nel os ciclos da vida, o día e a noite, pero
tamén a condición humana, esa mestura de bo e malo, ese demo e ese anxo que
levamos dentro.
xoves, 20 de marzo de 2014
MONUMENTOS DUPLICADOS
Por Pepe de Rocaforte
Monumento ós Caídos, de Asorey. Ourense |
Acordábame dunha reproducción a
escala reducida (non chegaba ós dous metros de alto) no cuartel de Atocha dA
Coruña, onde o vira no meu primeiro día de servicio militar, desto hai xa
moitos anos. Quíxeno fotografar e informáronme que
actualmente non existe ningún grupo escultórico no acuartelamento.
Busto de Franco, de Asorey. A Coruña |
As miñas indagacións en varias
institucións militares resultaron nulas de momento, pero no Museo Militar
prometéronme ver se podían localizar o seu destino actual, aínda sen saberen
nin sequera da súa existencia, da que oían falar por primeira vez. Por se me
fallaba a memoria busquei información sobre Asorey e na relación das súas obras
vin: “Monumento a los Caídos, 1940, Cuartel de Atocha, La Coruña”, o que me
serviu para saber que foi esculpido once anos antes do de Ourense.
Tamén, na visita ó Museo Militar,
puiden ver outra peza de Asorey, curiosamente non incluída na relación de
obras súas consultada por min. Trátase dun busto en bronce do xeneral Franco,
de 1938, fundido nos talleres ourensáns de Malingre.
Pescador napolitano”, de Moratilla. Acuario dA Coruña. |
Esa escultura non é de propiedade
municipal, senón do Museo do Prado, que segue a política de esixir a exhibición
en locais cerrados das obras cedidas en depósito, polo cal o concello coruñés
retirouno dos xardíns e, unha vez restaurado, procedeu a instalalo no Acuario
da cidade, onde o puiden fotografar.
![]() |
Fotografía do “pescador napolitano”. Museo do Prado, Madrid (non exposta ó público) |
Non puiden, en cabio, localizar a
escultura idéntica, vista por min hai tamén moitos anos nun parque dunha cidade
española, do cal non gardo memoria clara. Creía
lembrarme de velo en Málaga, pero alí non atopei
ningunha información ó respecto e cabe a posibilidade de estar eu equivocado.
Con todo, nunha busca por internet localicei un par de cousas curiosas.
Primeira: unha fotografía da escultura de Moratilla, de aprox. 1878,
atribuída a Fratelli d’Alessandri, adquirida en 2006 polo Museo do Prado,
procedente da Colección Madrazo.
“Pescador napolitano”, de Moratilla. Subhastado en Ebay en febreiro de 2014. |
Segunda: Información da subhasta en
Ebay da figura en bronce “Pescador napolitano”, de Moratilla, adxudicada o
13/2/2014 por 14900 euros. A escultura procede dunha localidade do País Vasco,
e é case idéntica á existente nA Coruña. A diferencia principal consiste en que
a estatua coruñesa está espida e a recentemente subhastada viste un calzón
curto.
A figa e os cornos
Sabido é que os cornos como os dentes son
desde antigo os trofeos con que os cazadores se engalanan, tanto na súa persoa
como no salón da casa. Unha boa cornamenta pendurada na parede á vista de todos
é unha mostra de poder contra o animal cazado, e isto non é moi distinto do que
en sociedades primitivas facían e fan cando colgan os dentes da fera ó pescozo
ou se coroan coa cornamenta dun cervo. Non en van as primitivas coroas gardan a
lembranza de simbólicos cornos nas puntas con que se adornan.

E
con esa forma que nos lembra ós cornos da vacaloura son as figuras gravadas nos
hórreos da illa de Ons, evidentemente con ese propósito profiláctico de que
vimos falando.
mércores, 19 de marzo de 2014
Pináculos con forma de campanario
Certamente,
hai unha relación que enlaza a simboloxía dos elementos de xeración de vida e a
riqueza. A prosperidade sempre foi unida ás familias de moitos membros e á
unidade entre eles, e na imaxe popular un dos puntos máis ricos, aglutinadores
e afortunados é a Igrexa, por iso, en moitos hórreos o lugar do pináculo é
ocupado por un esquemático campanario, ás veces coas campaíñas incluídas. E neste da dereita vemos como o mesmo símbolo cristiá da cruz é substituído polo espadana, mentres que ó outro lado mantén a simboloxía dunha especie de espiga. Non así no hórreo superior, onde o campanario cobre a función de pináculo e a cruz está ó outro lado.
E xa para rematar con esta serie, quédanos ver a figa e os cornos
E xa para rematar con esta serie, quédanos ver a figa e os cornos
martes, 18 de marzo de 2014
San Xosé e a vara florida
Mais
aí ocorreu o milagre.
Estando
todos agardando a vela pasar, camiño da fonte ou da casa dunha veciña, cando María
abriu a porta e apareceu co seu vestido azul celeste, resplandecendo de beleza,
ó casto Xosé floreceulle a vara, ou sexa, do caxato en que se apoiaba brotaron
unha flores e floreceu a primavera. E daquela a nena María soubo que aquel
ancián era o escollido pola divindade para esposo seu.
Sen
embargo, xa todos sabemos que ó final ela foi fecundada polo Espírito Santo, e
as malas linguas que sempre houbo, inventaron unha oración profiláctica, para
poder facer o acto sexual sen cargar coas consecuencias, unha pregaria que o
matrimonio rezaba ó pé do leito antes de meterse nel: San Xosé, ti que o tiveches sen facelo, permite que eu o faga sen telo.
Falos romanos e do románico
Cunha divindade de tan marcado atributo, é lóxico que o tal pasase con forma máis explícita a ocupar lugares de protección, e por iso os romanos non dubidaban en colocar nas portas das súas casas un falo protector, xa de barro ou de metais nobres, do mesmo modo que ata non hai tantos anos era normal ver nas portas das nosas casas aquelas imaxes do Corazón de Xesús coa lenda de “Deus bendiga esta casa”, ou levábanse colgados ó pescozo, como se fose a medalla dalgún santo, con intencións protectoras contra o mal de ollo.
E
dos romanos pasaron os falos a ser representados no románico, como na sobrexamba dereita desta igrexa
de san Miguel de Eiré ou nalgún canzorro, aínda que aquí, esas imaxes, máis ca
símbolo apotropaico eran advertencias contra o pecado da luxuria nas súas
múltiples variedades e sobre os que nalgunha ocasión nos pararemos con máis
detalle. Agora toca falar da simboloxía fálica como amuleto protector. E como tal tamén nos toca preguntarnos se
tería algo que ver isto coa vara florida de san Xosé, festividade que a Igrexa
celebra precisamente nas portas do equinoccio de primavera, como se celebraba a
Priapo.
E estes elementos acaban tomando forma doutros que nos lembran o poder económico, tales aqueles onde toman forma de pináculos con forma de campanario
E estes elementos acaban tomando forma doutros que nos lembran o poder económico, tales aqueles onde toman forma de pináculos con forma de campanario
luns, 17 de marzo de 2014
Priapo, o do falo erecto
En
certa ocasión a ninfa Lotis ficou durmida no medio do bosque, nun lugar polo
que cadrou a pasar Priapo, ese deus de beleza pouco agraciada e de falo sempre
erecto, quen ó vela quixo aproveitar a ocasión de probar os praceres que a súa
fealdade lle negaba, pero cando se dispoñía a deitar sobre a rapaza, apareceu
por alí Sileno co seu burro, e este, o burro, ó ver aquel falo descomunal orneou
asustado e espertou á ninfa, quen ante o grotesco espectáculo botouse a rir, e
iso ofendeu tanto ó deus, que só se sentía satisfeito cando sacrificaban un
burro no seu honor.
Priapo
era outra das divindades agrícolas que adoraban os gregos e que adoptaron os
romanos co nome de Matunus, aínda que a súa orixe hai que rastreala en Asía
Menor. En Roma era unha divindade que tiña moitos devotos entre pastores e
campesiños, pois ademais de propiciar a fecundidade do gando espantaba ós
paxaros das leiras e ós ladróns de froitos.
Dicíase
que era un deus feo ata o grotesco, polo que se representaba cun simple pao
tallado a machada, no medio do cal se incrustaba unha estaca pintada de
vermello para simbolizar o seu falo erecto; e en datas próximas ó equinoccio de
primavera, arredor do 17 de marzo, era paseado nun carro con esa caricaturesca
e esquemática forma que indicamos, ata a praza do foro, con grande devoción
entre as matronas romanas, que o adornaban con flores e o asociaban á
fertilidade, non só dos campos e animais senón tamén dos matrimonios, polo que
a noite de vodas presidía o leito conxugal.
Logo,
pequenas representacións deste deus, coa forma dunha estaca eran colocadas nos
campos como remedio protector e fecundador dos mesmos, sen dúbida, un anticipo
do que veñen sendo os actuais espantallos.
Mais o falo como tal, como figura real, pasou a ter o seu propio significado como tal falo en Roma e no románico
Mais o falo como tal, como figura real, pasou a ter o seu propio significado como tal falo en Roma e no románico
domingo, 16 de marzo de 2014
Pináculos con forma de flor
E tal vez unha das primeiras figuras que tomou a forma dunha vara vertical ou dun pináculo para invocar a prosperidade, fose a figura do deus da fertilidade Priapo, o do falo erecto.
UM APELIDO. UM NOME
.
Por
UM-DO-CHAO.
CARVALHO/CARBALLO.
O apelido.
Juan Topete Carballo |
De sempre se nos mostrou o vocábulo
como a genuína representaçom dum divórcio absurdo entre dous países, melhor,
entre dous jeitos de escrevermos duas variantes dumha mesma língua, a que os
especialistas dérom em chamar galego-português: esse idioma iberorromano
ocidental que nunca os portugueses admitirám como galego nem os galegos como
português (eivas das políticas seculares!)… pois que absurdo é grafar um único
vocábulo em duas formas: Carvalho e Carballo (como os astures, riçando o riço,
fam Carbayu)… máis alá de que se pronúncie de diversas maneiras numha e noutra
área.
Igual que se lhe chama pino ao pinheiro tido por forâneo (ai,
esses “rumores”!), e maínço ao milho americano… sei que cumpre disterar entre o
rebolo (palavra latina) e o carvalho (vocábulo prerromano), sendo aquele o equiparável ao roble castelhano e este ao carbajo leonês, seu deudo. (Rebolo –coa
variante leonesa Rebollo- déu apelidos –antes topónimos- tales Reboledo e
Reboredo ou Reboreda).
Léon Carvalho |
O conto é que poucos elementos da
natureza derom tantíssimos apelativos, se considerarmos os seus múltiplos
derivados, tanto toponímicos (lugares) como onomatológicos (apelidos saídos
daqueles), assi: o diminutivo Carvalhinho, a variante Carvalha e os
abundanciais Carvalhada, Carvalheira, Carvalhedo e Carvalheda, Carvalhido ou
Carvalhal e o plural Carvalhás, como Carvalhude, etc.
Mesmo dá-se com este nome nalgumhas
áreas extra-luso-galaicas (estou me referindo às Américas hispano-falantes) o
fenómeno do estiramento ou anaptixis,
assi o apelido Caraballo –apenas existente entre nós- (como os apelidos
Soboredo ou Saborido –este na própria Galiza- o som de Sobredo e Sobrido, val
dizer, conjuntos de sobreiras).
As personagens.
![]() |
Andrés Mejuto Carvallo |
Como sempre, damos-lhe preferência
aos indivíduos nom galegos.
1 Juan
Topete CARBALLO (1821-1885), espanhol de México, filho dumha Carballo Romay (de
induvitável estirpe galega), destacado marinho, militar e político de
controvertida carreira.
2 Léon
CARVALHO (1825-1897), francês (daí a acentuaçom de Léon) da ilha Maurício, logo
assinando Carvaille, cantante e logo importante empresário deste espectáculo
nos teatros parisinos, com fortunas perdidas e recuperadas.
3 Andrés
Mejuto CARVALLO (1909-1991), pacense, actor que muitos lembramos no teatro, na
televissom e mais no cinema… como que nascido em Olivença, mais que provável
descendente de portugueses.
venres, 14 de marzo de 2014
MÚSICOS NA RÚA
Por Pepe de
Rocaforte
Anúnciase
a primavera e nos parques e xardíns urbanos cantan os melros e outros variados
paxariños. Polas cidades do mundo
adiante os músicos de rúa interpretan as súas cancións.
-1 – En Moscú, diante da Galería Tretyakov, uns mozos
interpretan cancións americanas de rock.
-2- En Erice, ó noroeste de Sicilia, un acordeonista
interpreta música folclórica acompañado de vez en cando polo rinchar do seu
cabalo.
-3- Unha parella que podería ser arrincada de
calquera estampa das nosas feiras de aínda non hai tantos anos fai un dúo de
acordeón – guitarra nas rúas de Catania.
-4- En Santiago tres mozas que poderíamos considerar
estudiantes do Conservatorio interpretan música clásica na rúa do Vilar.
Anúnciase
a primavera, xa digo. ¿Chegará tamén á Coruña a anunciada prohibición de
músicos polas rúas da cidade. E de ser así ¿prohibirá tamén o concello o canto
dos paxaros en parques e xardíns urbanos?
Pináculo con simboloxía xeométrica
Os
pináculos que vemos teñen múltiples formas e engadidos decorativos, como neste
pozo de Foz, coroado con rosáceas, esas figuras xeométricas que, partindo dun
punto, pode estenderse ata o infinito, no que se deu en identificar como unha
representación esquemática do universo, e incluso cunha representación medieval
de Cristo como centro do universo.

Con esta mesma interpretación abunda as figuras xeométricas no románico. Á fin non é máis ca unha representación da rotacións dos ciclos da vida e unha semellanza esquemática coas flores, coa mesma rosa de que deriva o nome de rosácea e polo tanto, en liñas xerais, unha invocación á vida.
E como unha invocación á vida é un ramo de flores ou, no seu lugar pináculo con forma de flor
QUE DURO É ESCRIBIR SOBRE OS MÁRMORES DE GARCILASO
Por Pura Tejelo
Que duro é escribir sobre os mármores
de Garcilaso.
Sobre as esmeraldas, os cisnes
as metralletas, as cunetas,
sobre as camas revoltas dos burdeis
sobre as musas e as princesas.
Sobre as murallas e os desertos
os petrís grises das grandes urbes
sobre a rosa.
Sobre os labios dun deus.
![]() Ilustración realizada en técnica mixta por Lola Fernández |
de Garcilaso.
Sobre as esmeraldas, os cisnes
as metralletas, as cunetas,
sobre as camas revoltas dos burdeis
sobre as musas e as princesas.
Sobre as murallas e os desertos
os petrís grises das grandes urbes
sobre a rosa.
Sobre os labios dun deus.
xoves, 13 de marzo de 2014
Pináculos no Piornedo
Antes de que os paisanos soubesen que aquelas pedras
que aparecían nas mámoas e nos castros, pulidas con forma de machada unhas e
outras lascadas con tal forma foron algunha vez ferramentas de traballo en
épocas do neolítico, eran recollidas para poñer encima das casas co fin de que
estas apartasen os raios da facenda.
O
uso das ceraunias ou Pedras do raio (interpretadas como
pedras de orixe divino) foron usadas con tal función protectora en moitas
culturas de todos os tempos, e do seu emprego como tales temos referencias en
autores como Isidoro de Sevilla e Plinio o Vello. En Europa foi común o seu uso
ata ben avanzado o século XVIII, e menos común pero como protector na montaña
galega ata non hai máis de corenta ou cincuenta anos.
Que
alguén, ademais, pensase que eran a representación dunha divindade protectora
non é raro, teñamos en conta que a deusa Cibeles, divindade da fertilidade,
representábase por medio dunha pedra negra que se custodiaba no seu templo. Que
os paisanos que poñían as ceraunias
pasasen logo a poñer caras, entra dentro de toda lóxica. Nós vimos na illa de
Madeira, colonizada a partir do século XV, rostros de persoa e pombas feitos en
cerámica colocados nas catro esquinas do tellado que, segundo os paisanos,
simbolizaban o rostro de Cristo ou o Espírito Santo, aí colocados para protexer
a vivenda. Así pois, que logo, os paisanos, cando non había tales pedras
megalíticas puxese a representación dalgún deus ou deusa, xa con rostro (a
imaxe e semellanza de quen o creou) ou xa con forma dalgún atributo que o
identificase, tampouco tiña porque ser raro.


E así como hai figuras tamén pode haber nos pináculos unha simboloxía xeométrica
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)