martes, 7 de xaneiro de 2020

Crónicas 2019

. Montevideo: descripción xeográfica


     "Dada a heteroxeneidade das Crónicas desde o outro mundo
-tanto entre si como dentro de cada unha-, non é doado facermos
un índice anual das materias nelas desenvolvidas, como é o noso
costume.
     Procurando a máxima versatilidade, apenas tentan achegar ao
leitor d'Os Chanzos aspectos, tan múltiples como incompletos, da
realidade actual e pretérita dun país sui generis das Américas,
tan mal coñecido, malia a ricaz relación secular coa nosa Galicia."


Montevideo: descripción xeográfica (1)
Uruguai: descripción xoegráfica (2)
Inmigración galega I (3)
 Inmigración galega II: o porto, os boliches(4) 
Flora I (5) 
Inmigración galega III: os exiliados (6) 
 Fauna (7)
Portunhol. O tango I (8) 
Toponimia americana (9)
Montevideo: nomenclátor galego I (10) 
Máis tango. Baioneses montevideanos (11) 
¡Gallego! Colectivos galegos(12) 
Cometas no solpor (13) 
O mate (14) 
 As duas Galicias americanas(15) 
Máis portunhol (16) 
Tres bustos de galegos (17) 
Apelidos galegos no Uruguai I (18) 
 Batallas bélicas e culturais (19) 
O país menos español e menos americano (20) 


 Os correos coloniais. A Patagonia(22) 
Flora II (23) 

Unhacapital provinciana. O art déco (24)
Uruguai laico I. Montevideo papal (25) 
O fútbol (26) 
 Dous galegos asasinados(27)
Os masóns galaico-uruguaianos (28) 
Os palacios galegos I (29)
Uruguaios en España (30)
 Uruguai laico II. O calendario (31)
Vellas pedras. A farola barcelonesa (32)
Os tres Pepes (33)
Inmigración galega IV:os comercios (34)
Galegos de paso I (35)
O Cóndor e outros bechos no armorial universal (36)
Montevideo: grupos escultóricos (37)
Azul ou celeste na Vexiloloxía (38)
Os palacios galegos II (39)
 Médicos galegos do Uruguai (40) 
Borges. A tónica Paso de los Toros (41) 
Apelidos galegos no Uruguai II (42)
Flora III (43)
Galegos de paso II (44) 
 Os falsos maragatos(45) 
Montevideo: nomenclátor galego II (46)

O tango II. O vesre (48)
Os obxectos migrantes (49)
O vals criollo. O folclores musical(50) 
Domingos Ferreiro, gaiteiro(51) 

xoves, 2 de xaneiro de 2020

OUTRA BALADA DO NARAIAMA

Por Pepe de Rocaforte

Un vello da miña aldea contábame hai anos un conto que seica lle oíra á súa avoa cando el era neno. A señora, pola súa vez, oírallo de cativa á súa avoa, que o refería de forma moi breve contando como un home levara a seu pai, cando xa era vello, a un lugar perdido no medio do monte a onde outros homes tamén levaban ós seus pais vellos e os deixaban alí abandonados.
E contaba a avoa deste vello da miña aldea que cando ambos, fillo e pai, se internaban polas congostras que levaban ó alto daquel monte, o vello, logo de mirar para un lado e outro, dicíalle ó fillo: acórdome de que hai moitos anos trouxen a meu pai aquí e aquí o deixei.
Ó oír estas palabras o fillo sentiu que a angustia lle encollía o corazón e dixo: Deamos volta para a casa, meu pai. E de regreso na casa coidouno co maior mimo ata que chegou a morte para o levar consigo.
Cando oín esta historia aínda non fora rodada a película de Shohei Imamura, “A balada do Naraiama”, e cando a vin anos despois non me acordei para nada do conto do vello da miña aldea.
Agora, nun deses whatsapps que circulan profusamente por internet, este dunha probable orixe arxentina, vexo unha historia similar, aínda que non poida resistir a comparanza coa terrible forza dramática de película de Imamura, ou mesmo co relato do señor da miña aldea.
Neste whatsapp cóntase como un vello recollido na casa do seu fillo vai perdendo a memoria ó tempo de caír presa do párkinson que lle fai guindar ó chao canto colle nas mans.

Para evitar ese incordio o fillo ponlle unha mesa á parte para comer e dálle por toda vaixela unha cunca de madeira que, se lle cai ó chao, non rompe.
Un día o fillo deste vello ve ó seu fillo moi ocupado tallando un pau cunha navalliña e, ó interrogalo, o neno respóndelle: estou facendo unha cunca de madeira para botarche a comida nela cando sexas vello. O mesmo que na historia galega que eu oín, aquí o home recapacita e a partir de entón empeza a tratar como é debido ó seu pai.
Este relato do vello abandonado no monte porque a loita pola subsistencia obriga á familia a prescindir de bocas improdutivas, parece ter extensión universal, aínda que aquí en Galicia non o lin nin o oín referir nunca, excepto ó señor da miña aldea. Pero outra versión actual, seica verídica, a do avó abandonado pola familia nunha estación de servicio ó inicio das vacacións estivais, neste caso non por non podelo manter, senón por lle resultar molesto para a súa liberdade de movementos, dános unha triste mostra de por onde vai a nosa evolución.